COMO ME DA LA GANA II

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: COMO ME DA LA GANA II
Ano: 2016
País: Chile
Duración: 86′
Dirección: Ignacio Agüero
Fotografía: Gabriel Díaz, David Bravo, Arnaldo Rodríguez
Montaxe: Sophie França
Produción: Tehani Staiger, Viviana Erpel, Amalric de Pontcharra (Aguero & Asociado Ltda)
Distribución: Aguero & Asociado Ltda, Ignacio Aguero

COMO ME DA LA GANA II

COMO ME PETA II
02.11 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE *
03.11 | 20:00 | CINECLUBE PADRE FEIJOO *

*Asiste Ignacio Agüero (director)

En Como me da la gana, rodada durante a ditadura de Pinochet, Agüero preguntáballes aos seus colegas que filmaban e a quen ía dirixido; trinta anos despois, xa en democracia, a pregunta é outra: que é o cinematográfico? Os novos directores chilenos responden con certa imprecisión e o propio Agüero máis ben suxire e agocha a súa resposta. Un primeiro indicio: o cinematográfico está a mercé do tempo; as imaxes analóxicas de No olvidar citadas aquí non son de todo iguais ás do vídeo de cinta dun filme en Leningrado endexamais exhibido, e menos aínda á nova natureza dixital deste filme. A resposta esencial é visible e non se precisa apelar á telepatía para ler a mente de Agüero.

Roger Koza, crítico de cinema e programador