DÍAS EXTRAÑOS

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: DÍAS EXTRAÑOS
Ano: 2015
País: Colombia, Arxentina
Duración: 71′
Dirección: Juan Sebastián Quebrada
Guión: Juan Sebastián Quebrada
Reparto: Juan Lugo Quebrada, Luna Acosta, Magdalena Nin Ott, Cai Weixiang
Música: Carlos Quebrada

Fotografía: Mauricio Reyes Serrano
Montaxe: Mauro Caporossi , Juan Sebastián Quebrada
Produción: Rodrigo Moreno, Juan Villegas, Juan Sebastian Quebrada
Distribución: BURNING BLUE
Web: http://www.burningblue.com.co
Contacto: Jorge Forero jorgeforero@burningblue.com.co

DÍAS EXTRAÑOS

DÍAS ESTRAÑOS
31.10 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE
01.11 | 17:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE

Os días estraños do título son os días dunha mocidade esgotada, a medio camiño de ningunha parte. Días de amor sublimado e noites en branco, de emocións extremas e de decisións sempre demasiado impulsivas: os días da inmadurez. Unha parella de mozos colombianos, lixeiramente lumpen, como personaxes tirados dunha novela de Bolaño lida a intres no “subte”, vagabundea a deshora por un Bos Aires fantasmal; malviven nun penoso cuarto, foden, péganse e ámanse coa mesma intensidade post-punk. Nado da improvisación e da escola, facendo cinema entre amigos e familiares –entre expatriados–, o filme de Quebrada ten no horizonte ao Jarmusch dos inicios e a desvergoña de quen non ten nada que perder.

Ángel Santos, cineasta e director artístico de Novos Cinemas