EL LIMONERO REAL

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: EL LIMONERO REAL
Ano: 2016
País: Arxentina
Duración: 75′
Dirección: Gustavo Fontán
Guión: Gustavo Fontán
Reparto: Germán Da Silva, Patricia Sánchez, Rosendo Ruiz, Eva Bianco, Gastón Ceballos
Fotografía: Diego Poleri
Montaxe: Mario Bocchicchio
Produción: Guillermo Pineles
Distribución: OBRA CINE
Web: http://www.ellimoneroreal.com.ar/
Contacto: Paulina Portela  paulina@obracine.com

EL LIMONERO REAL

O LIMOEIRO REAL
02.11 | 20:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE
03.11 | 17:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE

Singular adaptación da novela de Juan José Saer, El limonero real é un melodrama familiar reconvertido en pastoral sinistra, a peripecia dun home que penetra no río para festexar o fin de ano cos seus e acaba convertendo ese traxecto nunha viaxe mental alucinada cara a non se sabe moi ben onde. Máis aló do relato, poderoso e absorbente, o que importa ao cineasta Gustavo Fontán é a contorna: os reflexos da luz na auga e as follas das árbores, a cámara que se demora nuns cantos xestos para logo perderse na selva…  E, sobre todo, unha sensación constante de ameaza, coma se a natureza gardase todos os segredos deses personaxes silenciosos e impasibles.


Carlos Losilla, escritor e crítico de cinema