EMPATHY

FICHA TÉCNICA

MÚSICA:  Tim Rovinelli, Kenny Kusiak
SON:  Kenny Kusiak
FOTOGRAFÍA:  Bill Kirstein
MONTAXE:  Jeffrey Dunn
PRODUCIÓN:  Jeffrey Dunn, Bill Kirstein | Em Cominotti
DISTRIBUCIÓN:  100 Year Films
WEB:   www.100yearfilms.com | www.jeffreydunnrovinelli.com
CONTACTO:  Jeffrey Dunn | jrovinelli@gmail.com

EMPATHY

EMPATÍA
Jeffrey Dunn Rovinelli  |  USA  |  2016  |  83’

24.10 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE* | ENTRADAS 
25.10 | 17:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE* | ENTRADAS 

*Coa presenza de Jeffrey Dunn Rovinelli (director)

Segundo Kenneth Clark, “nude” refírese a un espido que idealiza e prace mentres que “naked” remite a un corpo avergoñado e autoconsciente. Neste sentido, é importante sinalar que en Empathy, Jeffrey Rovinelli (director) e Em Cominotti (protagonista) comparten crédito como guionistas e produtores. O corpo de Cominotti, que é prostituta e adicta á heroína, entrégase a unha cámara que ten tanto de videodiario como de confesionario, pero tamén a unha construción onde resulta máis importante disecar a súa nudez que representala. O corpo danado que está “naked” por riba do anhelado “nude”.

Endika Rey

Jeffrey Dunn Rovinelli

Nado en 1988, Jeffrey Dunn Rovinelli reside actualmente en Nova York, onde traballa como crítico, montador de películas e colorista de cinema. Empathy, a súa primeira longametraxe, foi galardoada co Pemio CNAP en FIDMarseille 2016 e proxectouse en festivais como BAFICI, Jihlava IDFF e Art of the Real en Nova York.