ERA UMA VEZ BRASILIA

FICHA TÉCNICA

SON:  Francisco Craesmeyer
ARTE:  Denise Vieira
REPARTO:  Wellington Abreu, Andreia Vieira, Marquim do Tropa, Franklin Ferreira
FOTOGRAFÍA:  Joana Pimenta
MONTAXE:  Adirley Queirós, Frederico Benevides, Guile Martins
PRODUCIÓN:  Cinco da Norte, Terratreme Filmes, Sancho & Punta
DISTRIBUCIÓN: Terratreme Filmes
WEB:  www.terratreme.pt
CONTACTO: pedroperalta@terratreme.pt

 

ERA UMA VEZ BRASILIA

HABÍA UNHA VEZ EN BRASÍLIA // ÉRASE UNA VEZ EN BRASÍLIA / ONCE THERE WAS BRASÍLIA
Adirley Queirós  |  Brasil, Portugal  |  2017  |  98’

24.10 | 22:30 | TEATRO PRINCIPAL | ENTRADAS  
25.10 | 17:00 | TEATRO PRINCIPAL | ENTRADAS  

O viaxeiro intergaláctico WA4 marchou do seu planeta coa misión de asasinar a Juscelino Kubitschek, o presidente de Brasil que trasladou a capital do país a Brasilia, pero chega máis de medio século tarde. As rúas de Ceilândia quedan convertidas no campo de batalla dunha guerra que se libra nas marxes do mundo, onde o proceso de impeachment de Dilma Rousseff só se escoita como ruído de fondo. A ciencia ficción artesanal é o medio para trasladármonos ao mundo que habitan os olvidados.

Alex Pena

Adirley Queirós

Cineasta brasileiro que vive e traballa en Ceilândia. Ex-futbolista profesional, Adirley dirixiu catro curtas e dúas longametraxes documentais, e recibiu máis de 40 premios en festivais de cinema brasileiros e internacionais. Era Uma Vez Brasília é a súa terceira longa documental.