ESA ERA DANIA

FICHA TÉCNICA

GUIÓN:  Dariela Ludlow Deloya y Miguel Schverdfinger
SON:  Alejandro de Icaza
REPARTO:  Dania Deloya Becerril, Ximena Kristel Deloya, Eugenia Barajas, Lucía Becerril
FOTOGRAFÍA:  Dariela Ludlow Deloya
MONTAXE:  Miguel Schverdfinger
PRODUCIÓN:  Ana Hernández, Rodrigo Herranz | Chamaca Films, Caguama Producciones (CASADELOU SA de CV), IMCINE, FOPROCINE
CONTACTO:  Ana Hernández | ahernandezcastillo@gmail.com

ESA ERA DANIA

THAT WAS DANIA
Dariela Ludlow Deloya  |  México  |  2016  |  72’

23.10 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE | ENTRADAS 
24.10 | 17:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE | ENTRADAS 
26.10 | 22:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO | AS ENTRADAS DESPACHARANSE NO ESPAZO DE PROXECCIÓN

A segunda longametraxe de Dariela Ludlow desprégase coma un díptico en torno á maternidade adolescente e a súa representación. Na primeira parte, Dania Deloya encárnase a si mesma como unha nai noviña sobrepasada polos acontecementos. Na segunda, a mesma protagonista tempo despois contémplase na televisión e fala da Dania que antes foi, así como dalgúns detalles da rodaxe desa ficción de aparencia documental. Neste xogo de espellos, a primeira Dania reflíctese noutra pantalla, a dun móbil atopado dunha rapaza de vida moi diferente á súa. Construción de identidade, roles asignados e paso do tempo na adolescencia 2.0.

Eulàlia Iglesias

Dariela Ludlow Deloya

Graduada do Centro de Capacitación Cinematográfica na especialidade de Dirección e Dirección de Fotografía cun Máster en Cinefotografía na Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña, ESCAC (Barcelona). A súa primeira longametraxe, Un día menos, foi multipremiada e proxectada en festivais dos cinco continentes.