EXPOSICIÓNS

‘PLATEA. OS FOTÓGRAFOS MIRAN AO CINE’, DE ACCIÓN CULTURAL ESPAÑOLA (AC/E)

04.10 – 29.10 | PRAZA DO BISPO CESÁREO

Obras de preto de corenta artistas de orixe española que se aproximan ao cinema dende a fotografía, abordando a atracción da imaxe en movemento pola imaxe fixa.

‘XOGUETES DE CINE’, DE FEDERICO RANSENBERG

19.10 – 27.10 | 22:00 | MUSEO MUNICIPAL

Reelaboracións de obxectos baseados en antigos xoguetes cinematográficos do século XIX, reformulados con tecnoloxía actual polo experto en efectos especiais arxentino.