GARMONIA

FICHA TÉCNICA

SON:  Lidia Sheinin, Makar Akhpashev, Andrey Fonin, Pavel Doreuli
FOTOGRAFÍA:  Lidia Sheinin
MONTAXE:  Lidia Sheinin
PRODUCIÓN:  Lidia Sheinin
DISTRIBUCIÓN:  Syndicado
WEB:  syndicado.com
CONTACTO:  Jasmina Vignjevic | admin@syndicado.com

GARMONIA

HARMONÍA // ARMONÍA / HARMONY
Lidia Sheinin  |  Rusia  |  2017  |  62’

21.10 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE  | ENTRADAS 
22.10 | 17:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE  | ENTRADAS 

Nun sobrecargado e desordenado apartamento que comparten unha anciá, a súa sobriña e os fillos desta presenciamos unha actualización do conflito chekhoviano entre o vello e o novo, alzado sobre o paso do tempo e o choque de enerxías e temperamentos irreconciliables: unha rixidez xa exhausta fronte a unha incontible vitalidade infantil. Precisa na súa distancia, a cámara de Sheinin detense en detalles mínimos e oposicións certeiras —cores, movementos e sons in/off— para ofrecer un elocuente retrato sobre un modo de vida irremediablemente desprazado, pero no que, quizais, cabe a harmonía. Todo iso conxugado en silencios, queixumes, puntuais sorrisos e as metonímicas notas dun piano.

Elena Oroz

Lidia Sheinin

Lidia Sheinin, nada en Rusia, é unha galardoada directora de cinema, montadora e creativa. Tras completar o seu Máster en Psicoloxía na Universidade de San Petersburgo, Lidia seguiu estudando Dirección Cinematográfica no Programa de Extensión de Estudos de Entretemento de UCLA. Logo matriculouse na Escola de Cinema Documental e Teatro de Marina Razbezhkina, con sede en Moscova. O seu documental de gradación Mom estreouse en 2013 e recibiu numerosos premios.