HAMADA

FICHA TÉCNICA

Guión: Eloy Domínguez Serén
Fotografía: Eloy Domínguez Serén
Montaxe: Ana Pfaff
Produción: Momento Film, Ma.ja.de
Web: momentofilm.se
Contacto: eloydseren@gmail.com

HAMADA

Eloy Domínguez Serén  |  Suecia, Alemaña  |  2018  |  90’

Un atípico retrato dun grupo de mozos amigos que viven nun campo de refuxiados no medio do pedroso deserto do Sáhara. Atrapados entre a vida e a morte, Sidahmed, Zahara e Lafdal néganse a deixar que isto lles afecte. Pasan o tempo reparando coches que non poderán levalos a ningures. Loitan por un cambio político, usando o poder da creatividade para denunciar a realidade que os rodea.

Eloy Domínguez Serén

Eloy Domínguez-Serén é un director galego que actualmente traballa en Suecia. Entre os seus filmes destacan Jet Lag (programada en FID Marseille ou Doc’s Kingdom) e No Cow on the Ice, que se estreou en 2015 en Visions du Réel.