II ENCONTRO PROFESIONAL DE COPRODUCIÓN AUDIOVISUAL PORTUGAL-GALICIA

ORGANIZAN

II ENCONTRO PROFESIONAL DE COPRODUCIÓN AUDIOVISUAL PORTUGAL-GALICIA

29.10 | 11:00 | CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL

O OUFF acolle por segundo ano o Encontro Profesional de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia, organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) en colaboración co Instituto de Cinema e do Audiovisual (ICA) de Portugal.

Empresas produtoras con interese en establecer contacto directo con posibles socios estratéxicos na coprodución de proxectos audiovisuais para cine e televisión terán a oportunidade de coñecerse no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense.