KISS AND CRY

FICHA TÉCNICA

SON:  Nicolas Waschkowsky
REPARTO:  Sarah Bramms, Xavier Dias, Dinara Droukarova, Carla-Marie Santerre, Aurélie Faula, Amanda Pierre, Noémie Carroué, Cassandra Perotin, Ilana Bramms
FOTOGRAFÍA:  Sylvain Verdet
MONTAXE:  Emma Augier
PRODUCIÓN:  Diane Weber, Emmanuel Chaumet
DISTRIBUCIÓN:  Ecce Films
CONTACTO:  Louise Rinaldi | rinaldi@eccefilms.fr

KISS AND CRY

BICAR E CHORAR / BESAR Y LLORAR
Chloé Mahieu & Lila Pinell  |  Francia  |  2017  |  80’

21.10 | 19:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE | ENTRADAS 
22.10 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE | ENTRADAS 

O comezo desenfadado de Kiss and Cry non fai presaxiar a anguria coa que irá desenvolvéndose o relato das patinadoras. As escenas coreografadas sobre o xeo que abren a película e onde as mozas parecen gozar, dan paso a outras onde as vemos angustiadas polas expectativas de pais e adestradores. Desexosas de ter algo de control sobre as súas propias vidas comezan a afastarse da estrita disciplina, coqueteando a través do móbil con raparigos da súa idade. Caer sufrir erguerse, todo nun proceso abocado á renuncia e ao abandono dunha vida que nunca elixiron.

Unha película con grandes momentos coreografados, e que sobresae tanto cando aborda os rostros en primeiro plano das mozas, para dar conta das súas emocións, como cando as deixa respirar e as rexistra de lonxe, outorgándolles o espazo de liberdade do que carecen as súas vidas.

Déborah García Sánchez-Marín

Chloé Mahieu & Lila Pinell

Lila Pinell estudou Filosofía e Dirección Documental en Lussas. Dirixiu e montou varios filmes. Chloé Mahieu estudou na Escola do Louvre e traballou preparando escenarios para películas de ficción antes de empezar a facer documentais. As dúas coñecéronse en 2009 e desde entón comparten os seus proxectos cinematográficos.