LA IMPRESIÓN DE UNA GUERRA

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: LA IMPRESIÓN DE UNA GUERRA
Ano: 2015
País: Colombia, Francia
Duración: 26’
Dirección: Camilo Restrepo
Guión: Camilo Restrepo, Sophie Zuber
Música: Fertil Miseria, Unos Vagabundos
Reparto: Pastora Mira, El Gato, The workers of Taller Maza, Vicky Castro, Edwin Cortez, Carlos Durango, Felipe Grajales, Juan José Muñoz
Fotografía: Camilo Restrepo
Montaxe: Camilo Restrepo, Bénédicte Cazauran
Produción: 529 Dragons
Distribución: CAMILO RESTREPO  FILMS
Web: http://camilo-restrepo-films.net
Contacto: contact@camilo-restrepo-films.net

 

LA IMPRESIÓN DE UNA GUERRA

A IMPRESIÓN DUNHA GUERRA
31.10 | 22:00 | CINECLUBE PADRE FEIJOO*

* Asisten Camilo Restrepo (director e membro do colectivo L’Abominable) e Andrea Franco (curadora desta programación)

Durante máis de 70 anos, Colombia estivo inmersa nun conflito interno armado cuxos límites esvaeceron co tempo. A barbarie estableceuse gradualmente como unha condición inevitable no conxunto da sociedade. A violencia empapou todos os aspectos da vida cotiá, deixando nas rúas as súas marcas tenues, a miúdo signos de loita contra o esquecemento, a indiferenza e a impunidade.