LA NOCHE POLAR

FICHA TÉCNICA

SON:  Nahuel López, Felipe Bermúdez
ARTE:  Denise Margules
REPARTO:  Martín Shanly, Inés Urdinez, Sol Busnelli
FOTOGRAFÍA:  Fidel González Armatta
MONTAXE:  Juan Mora, Florencia Romano
PRODUCIÓN:  Fidel González Armatta, Víctor Albornoz, Josefina Previde, Belén Bianco
DISTRIBUCIÓN:  Universidad del Cine y PerroFilms
CONTACTO:  Florencia Romano | florenciabromano@gmail.com

 

LA NOCHE POLAR

A NOITE POLAR / POLAR NIGHT
Florencia Romano  |  Arxentina  |  2016  |  61’

24.10 | 19:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE* | ENTRADAS 
25.10 | 17:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE* | ENTRADAS 

*Coa presenza de Florencia Romano (directora)

Relato elíptico, construído con brillante sinxeleza allea a todo concepto de espectacularidade, o suxestivo debut de Florencia Romano proponnos unha lectura esencializada ata o óso dunha premisa narrativa propia da ciencia ficción: unha misteriosa eclipse solar deixa a terra na escuridade durante quince días. Vagabundaxes, referencias literarias, cartas do tarot e chamadas telefónicas atravesan esa longa “noite polar” na que Julián, o mozo bibliotecario protagonista do filme, irá mergullándose nunha crise existencial apenas exteriorizada. E se o sol non regresa?

Ángel Santos

Florencia Romano

Florencia Belén Romano é graduada da Licenciatura en Cinematografía da Fundación Universidad del Cine (FUC) onde actualmente desempeña tarefas como docente nas cátedras de Semiótica do Cine e Historia do Cine. Ademais, traballa como colaboradora para a revista Otra Parte, na sección Cine e TV.