LA VENDEDORA DE FÓSFOROS

FICHA TÉCNICA

GUIÓN:  Alejo Moguillansky
SON:  Marcos Canosa
REPARTO:  María Villar, Walter Jakob, Helmut Lachenmann, Margarita Fernandez, Cleo Moguillansky
FOTOGRAFÍA:  Inés Duacastella
MONTAXE:  Alejo Moguillansky, Walter Jakob
PRODUCIÓN:  Eugenia Campos Guevara
DISTRIBUCIÓN:  El Pampero Cine
WEB: www. elpamperocine.com.ar
CONTACTO:  Eugenia Campos | e.camposguevara@gmail.com

LA VENDEDORA DE FÓSFOROS

A VENDEDORA DE MISTOS / THE LITTLE MATCH GIRL
Alejo Moguillansky  |  Arxentina  |  2017  |  69’

23.10 | 19:30 | TEATRO PRINCIPAL* | ENTRADAS  
24.10 | 17:00 | TEATRO PRINCIPAL* | ENTRADAS  

*Coa presenza de Alejo Moguillansky (director)

Do choque de dous elementos inimigos, pode emanar beleza, comedia e ideoloxía fresca en troques de destrución e caos? Alejo Moguillansky –cineasta que aínda filma e monta coas mans ao bricoleur– compuxo a súa mellor e máis divertida película (unha ficción ensaiada que o gañou todo no BAFICI) como a vindicación dunha posible Terceira Vía política e estética. Algo heroico nun país tan polarizado como Arxentina no que a dereita (e o poder) está “en mans de homes perigosos”, e a esquerda (na oposición) “non é o baixo da orquestra senón cascabeis inexistentes”. A aposta de Moguillansky é un modelo de cidadanía cuxa conduta nace do estupor fronte á arte. Coma ese músico da escola de Stockhausen pero obsesionado con Morricone que vertebra o relato e agradece o seu conflito de opostos tocando (mal) ao piano “Giù a testa!”.

Álvaro Arroba

Alejo Moguillansky

Montador, produtor e cineasta. Estudou na Universidad del Cine. Dirixiu varias longametraxes; entre elas, Castro, El Loro y el cisne, El escarabajo de oro xunto con Fia-Stina Sandlund e  La vendedora de fósforos. Todas elas tiveron extensos percorridos en festivais.