LAS CINÉPHILAS

FICHA TÉCNICA

GUIÓN:  María Alvarez
REPARTO:  Paloma Diez-Picasso, Chelo Domínguez, Estela Clavería, Norma Bárbaro, Lucía Aguirre
FOTOGRAFÍA: Tirso Díaz-Jares Rueda
MONTAXE:  María Alvarez
PRODUCIÓN: Tirso Díaz-Jares Rueda y María Alvarez

LAS CINÉPHILAS

AS CINÉPHILAS / THE CINÉPHILES
María Álvarez  |  Arxentina  |  2017  |  74’

26.10 | 19:30 | TEATRO PRINCIPAL* | ENTRADAS  
27.10 | 17:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE* | ENTRADAS 

*Coa presenza de María Álvarez (directora), Tirso Díaz-Jares Rueda (produtor) e Paloma Díez-Picasso (protagonista)

“Eu empezaría con imaxes mudas de ‘as cinéphilas’, despois vén o título e aparece vostede explicando: onde van estas señoras? Seguímolas?, suxírelle a Álvarez unha das súas entrevistadas. Logo aclara que sería un plaxio a conciencia de Y la nave va, pero necesario “para xerar unha especie de intriga; se non, que é isto? Mulleres que van ao cinema? Iso que é?”. Iso é Las cinéphilas: un documental sobre mulleres que van ao cinema, pero que non precisa suspense nin plaxios para ser máis grande cá vida. No canto de artimañas, aquí hai rigor cinematográfico, serenidade e seguridade; hai unha paciencia que rende froitos apetitosos e hai, sobre todo, emocións que viaxan entre pantallas e persoas, do cinema á vida, ida e volta. Aínda que a directora non lles fixese caso por completo, as “cinéphilas”, tan amables pero tan esixentes, deben estar moi orgullosas da súa película.

Agustín Masaedo

María Alvarez

Escritora e directora nada en Bos Aires. Escribiu Quémese antes de leerse, obra de teatro gañadora do segundo premio “Fray Luis de León” de Valladolid, editada en España en 2017. Dirixiu El banco, documental ficcionado (oito capítulos de media hora cada un para televisión) acerca da historia do Banco Nación de la Argentina. Las cinéphilas é a súa primeira longametraxe documental.