LE RÊVE EST FINI

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: LE RÊVE EST FINI
Ano: 2014
País: España, Serbia
Duración: 47′
Dirección: María Ruido
Produción: ARTIUM (Vitoria), MoCAB (Belgrado)

 

LE RÊVE EST FINI

O SOÑO TERMINOU
04.11 | 20:00 | CINECLUBE PADRE FEIJOO

Esta película está inscrita dentro dun proxecto máis amplo, producido polo MoCAB de Belgrado e ARTIUM de  Vitoria, titulado Violencias invisibles. Falar de Violencias invisibles é, no caso do noso traballo, falar de relacións entre estado, dereito e cidadanía para o control sobre os corpos (re)productivos, ou o que é o mesmo (e parafraseando  a F. Engels), entre as bases das mesmas da propiedade: a familia e o estado.