MARIANA

FICHA TÉCNICA

GUIÓN:  Chris Gude
REPARTO:  Jorge Gaviria, Edward Duigenan, Mago Cayory, Marcos Maldonado, Yair Mejía
FOTOGRAFÍA:  Liberman Arango
MONTAXE:  Felipe Guerrero
PRODUCIÓN:  Felipe Guerrero
DISTRIBUCIÓN:  Mutokino
WEB:  www.mutokino.com/web/portfolio/mariana
CONTACTO:  Felipe Guerrero | mutokino@gmail.com

MARIANA

Chris Gude  |  Colombia  |  2017  |  64’

25.10 | 22:15 | TEATRO PRINCIPAL | ENTRADAS  
26.10 | 17:00 | TEATRO PRINCIPAL | ENTRADAS  

Quen é Mariana? Na película de Chris Gude, máis que unha personaxe, Mariana é un desexo por acadar, a materia dun territorio soñado. Dous contrabandistas foxen polo deserto, entre Colombia e Venezuela, mentres escoitan un discurso sobre homes en tempos xa perdidos. O cineasta establece unha comparación simbólica co nome do seu país, como froito dun soño colectivo interrompido, e rememorado nunha alocución radial, que recupera o imaxinario libertador de Simón Bolívar. Como no seu anterior filme, Mambo Cool, Gude apela a arquetipos, a personaxes e escenarios espectrais, para evocar unha Colombia de abstraccións políticas, onde o bolero ten o seu lugar.

Mónica Delgado

Chris Gude

Nova York, 1985. Estudou Xeografía e Antropoloxía en Middlebury College. A súa primeira película, Mambo cool (2013), exhibiuse en FIDMarseille, Viennale, Punto de Vista, Mar del Plata ou Cartagena entre outros festivais. A súa segunda película, Mariana (2017), tamén se estrenou en FIDMarseille.