MI ÚLTIMO FRACASO

FICHA TÉCNICA

GUIÓN:  Cecilia Kang, Virginia Roffo
SON:  Francisco Pedemonte
REPARTO:  Ran Kim, Catalina Kang, Cecilia Kang
FOTOGRAFÍA:  Diego Saguí
MONTAXE:  Sebastián Agulló
PRODUCIÓN:  Cecilia Kang, Virginia Roffo
DISTRIBUCIÓN:  Misbelovedones
CONTACTO:  Cecilia Kang | misbelovedones@gmail.com

MI ÚLTIMO FRACASO

O MEU ÚLTIMO FRACASO / MY LAST FAILURE
Cecilia Kang  |  Arxentina  |  2016  |  63’

22.10 | 22:15 | TEATRO PRINCIPAL | ENTRADAS  
23.10 | 17:00 | TEATRO PRINCIPAL | ENTRADAS  
24.10 | 20:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO | AS ENTRADAS DESPACHARANSE NO ESPAZO DE PROXECCIÓN

Un percorrido familiar e amoroso atravesado polo sincretismo cultural: nai e filla preparan unha torta da avoa mentres conversan en coreano, o pai prende o lume para o asado e le un diario da comunidade. Cada un deses momentos forman parte do universo da película, mentres sobrevoa a tradición, as expectativas familiares, o rol da muller na comunidade, a identidade, a nacionalidade e a pertenza, sen profundar de máis en ningún deles. O resultado é unha película pequena, amorosa, adorable, como se nos asomasemos á intimidade desa familia mirando fotos. E é esta condición a que fai que aparezan de imprevisto os sentimentos como unha manifestación profunda e visceral. Parte do seu encanto reside nesa honestidade que é á vez a que ispe o artificio e pon os personaxes no lugar do que son: persoas.

Gabriela López Zubiría (texto de “Hacerse la Crítica”)

Cecilia Kang

Naceu en Bos Aires e estudou Realización na E.N.E.R.C. Realizou varias curtas que participaron en diversos festivais internacionais, entre os cales destaca Videojuegos, que participou en máis de trinta festivais ao redor do mundo. Mi último fracaso é a súa primeira longametraxe.