NO ESCURO DO CINEMA DESCALÇO OS SAPATOS

FICHA TÉCNICA

Título original: NO ESCURO DO CINEMA DESCALÇO OS SAPATOS
Ano: 2016
País: Portugal
Duración: 104′
Dirección: Cláudia Varejão
Música: Adriana Bolito
Fotografía: Cláudia Varejão
Montaxe: Cláudia Varejão, Francisco Moreira
Produción: João Matos
Distribución: Pedro Peralta
Web: http://www.terratreme.pt
Contacto: info@terratreme.pt

NO ESCURO DO CINEMA DESCALÇO OS SAPATOS

NA ESCURIDADE DO TEATRO QUITO OS ZAPATOS
02.11 | 20:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE
03.11 | 17:30 | CINECLUBE PADRE FEIJOO

Para conmemorar o 40 aniversario da Companhia Nacional de Bailado de Portugal, Cláudia Varejão entrega un documental que se achega á danza desde unha óptica case ensaística, na que as reflexións sobre o baile se entretecen coas clases ou os instantes anteriores ou posteriores a unha actuación. Esa ollada curiosa derrámase sobre o que habitualmente ocupa o fóra de campo, devolvendo imaxes dunha beleza emocionante que non emana da impostación, senón dunha cámara viva que non teme desenfocarse mentres salta dun corpo a outro e dunha montaxe que, para perpetuar o movemento, non elide encadres baleiros. En fin, un sincero eloxio do baile nado da valentía formal.

Enric Alberó, xornalista e crítico de cine