NOTES ON BLINDNESS

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: NOTES ON BLINDNESS
Ano: 2016
País: Reino Unido
Duración: 90′
Dirección: Peter Middleton, James Spinney
Guión: Peter Middleton, James Spinney
Reparto: Dan Skinner, Simone Kirby
Música: James Ewers

Fotografía: Gerry Floyd
Montaxe: Julian Quantrill
Produción: Mike Brett, Jo-Jo Ellison, Steve Jamison, Peter Middleton, James Spinney, Alex Usborne
Distribución: CINEPHIL
Web: http://www.notesonblindness.co.uk/
Contacto: Ela Elbaz ela@cinephil.com

NOTES ON BLINDNESS

NOTAS SOBRE A CEGUEIRA
02.11 | 22:15 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE
03.11 | 20:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE

A primeira longa de Clio Barnard (The Arbor, 2010) familiarizounos coa técnica do ‘verbatim theatre’, procedemento que toma gravacións previas e sincronízaas co movemento dos beizos duns actores que interpretan o son. É o que fai Notes on Blindness para recrear a vida do profesor invidente John Hull, que durante anos gardou audiodiarios sobre a súa cegueira e como convivir con ela. Estes sentimentos son os que expresa o filme a través do destacable deseño sonoro de Joakim Sundström (BAFTA por Berberian Sound Studio) e a suntuosa fotografía de Gerry Floyd. Coa súa mestura, Notes on Blindness fainos tocar as imaxes. É un estimulante exercicio de braille fílmico.

Víctor Paz, xornalista cinematográfico e programador