O CINEMA, MANOEL DE OLIVEIRA E EU

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: O CINEMA, MANOEL DE OLIVEIRA E EU
Ano: 2016
País: Portugal
Duración: 81′
Dirección: João Botelho
Guión: João Botelho
Reparto: António Durães, Angela Marques, Leonor Silveira, Mariana Dias, Maria João Pinho, Marcello Urgeghe, Miguel Nunes
Música: Nicholas McNair

Fotografía: João Ribeiro
Montaxe: João Botelho
Produción: Alexandre Oliveira. Ar de Filmes
Distribución: Portugal Film – Portuguese Film Agency
Contacto: portugalfilm@indielisboa.com

   FÓRA DE COMPETICIÓN

O CINEMA, MANOEL DE OLIVEIRA E EU


30.10 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE
02.11 | 17:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE

A morte de Manoel de Oliveira deixou un enorme baleiro no cinema portugués. João Botelho secou as bágoas, deixou o loito para despois e escribiu así sobre o seu mestre: “algunhas veces fixo cinema contemporáneo, pero a maior parte das veces, máis radical, anunciou o que o cinema debía ser. Antes de tempo, presentaba o futuro”. Pero como se trata de pasar da teoría á práctica, nesta sesión asistirase a un documental sobre o método e o xeito de filmar de Oliveira. Documental de amor pero tamén documento: contra o esquecemento do meirande dos cineastas portugueses.