OUT THERE

FICHA TÉCNICA

MÚSICA:  Alexandra Barkovskaya
SON:  Ryota Fujiguchi
REPARTO:  Ma Chun Chih, Haruo Kobayashi, Ayu Kitaura, Ryuzaburo Hattori, Natsumi Seto
FOTOGRAFÍA:  Yasuyuki Sasaki
MONTAXE:  Takehiro Ito
PRODUCIÓN:  Eyes Films
DISTRIBUCIÓN:  Eyes Films
CONTACTO:  info@eyesfilms.com

OUT THERE

AÍ FÓRA / AHÍ FUERA
Takehiro Ito  |  Xapón, Taiwán  |  2016  |  142’

24.10 | 19:30 | TEATRO PRINCIPAL* | ENTRADAS  
27.10 | 19:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE | ENTRADAS 

*Coa presenza de Takehiro Ito (director)

Haruo regresa a Tokio para acabar unha película que empezou en Taipei sobre unha parella que emigra de Taiwán a Estados Unidos nos setenta. No casting coñece a Ma, que encarna a súa identidade líquida e dislocación xeográfica. Decide filmalo. Un documental, un filme dentro dun filme, un romance e un personaxe en fuga. Dúas cidades, catro formatos. Como facía O gran hotel Budapest para marcar épocas ou Porto para presentar distintos puntos de vista; Ito combina soportes nunha matriosca de capas narrativas que lembra a Edward Yang ou Hong Sang-soo. É pura forma. E o persoal devén político.

Víctor Paz Morandeira

Takehiro Ito

Estudou Cinema e Novos Medios na Universidade Artística de Tokio. Despois de graduarse fundou a produtora Eye Films, coa que fixo Out there, a súa ópera prima.