PEDRO PÁRAMO

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: PEDRO PÁRAMO
Ano: 1966
País: México
Duración: 109′
Dirección: Carlos Velo
Guión: Manuel Barbachano Ponce, Carlos Velo e Carlos Fuentes, sobre a novela de Juan Rulfo
Reparto: John Gavin, Ignacio López Tarso, Pilar Pellicer, Julissa, Ana Rentería, Graciela Doring, Carlos Fernández, Augusto Benedico, Beatriz Sheridan, Claudia Millán, Rosa Furman, Joaquín Martínez, Jorge Russek, Eric del Castillo, Alfonso Arau…
Música: Joaquín Gutiérrez Heras

Fotografía: Gabriel Figueroa
Produción: Clasa Films Mundiales, Producciones Barbachano Ponce

PEDRO PÁRAMO


04.11 | 20:30 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE

Carlos Velo volve á súa cidade iniciática

Moitas décadas despois Comala segue máis morta que nunca. Rulfo creou unha das pedras angulares da literatura universal en 1955; e cando «Pedro Páramo» aínda ía camiño de ser novela o seu amigo Carlos Velo xa estaba a traballar para que o carreiro de tebras de Juan Preciado na procura do cacique de seu pai atopase unha nova senda audiovisual pola que transitar. Velo rodou en 1966 e a película estreouse en Cannes en 1967. Case que sesenta anos despois o «Pedro Páramo» do realizador de Cartelle volve a un dos seus escenarios iniciáticos, aquel Ourense da súa xuventude no que gravou as primeiras imaxes na compaña de Pacheco e Román para vivir en primeira persoa a paixón pola lanterna máxica. Que o OUFF aposte por darlle protagonismo a un dos persoeiros que foi quen de reivindicar a creación dun sector audiovisual e un cine de seu para Galiza, cando aquilo non pasaba de ser un soño, é un feito histórico que servirá para darlle unha maior visibilidade ao seu traballo e á súa figura.

 



Xosé Manoel Rodríguez, xornalista