PRESENTACIÓN CADERNO DE CINEMA23: NOVO CINEMA GALEGO

EDITA

cinema-23-blanco

PRESENTACIÓN CADERNO DE CINEMA23: NOVO CINEMA GALEGO

03.11 | 11:00 | LICEO DE OURENSE

Os cadernos de Cinema23 -organizadores do Premio Iberoamericano de Cine Fénix- conforman unha serie de publicacións que rexistran ideas sobre o quefacer cinematográfico en América Latina, España e Portugal, coa fin de salvagardar, compartir e promover a súa cultura cinematográfica.

O Festival de Cine Internacional de Ourense e a plataforma Cinema23 xúntanse para editar un novo caderno, -con texto de Víctor Paz Morandeira e edición da mexicana con raíces ourensás Paula Villanueva-, adicado esta vez ao Novo Cinema Galego.