PRESENTACIÓNS

PRESENTACIÓN DO DVD ‘HISTORIAS EXTRAORDINARIAS’

20.10 | 13:00 | CAFE & POP TORGAL*

*Coa presenza de Mariano Llinás (director do filme), Pedro Medina (director xeral de Caimán Cuadernos de Cine) e Fran Gayo (director do OUFF).

Caimán CDC e Intermedio presentan a edición en DVD do aclamado filme de Mariano Llinás. Editado por Manuel Asín, inclúe textos de Miguel Marías e Pablo García Ganga e documentos de traballo da rodaxe.

PRESENTACIÓN DO FILME ‘DHOGS’

21.10 | 13:00 | CENTRO COMERICAL PONTEVELLA*

*Coa presenza de Andrés Goteira (director), Suso López (produtor), Melania Cruz, Antonio Durán “Morris”, Carlos Blanco, Iván Marcos, Xosé López, Enrique Lojo e María Costas (reparto).

CONVERSA ARREDOR DE FERNANDO PESSOA

23.10 | 17:30 | CAFE & POP TORGAL*

*Coa presenza de Miguel Barrero e José Manuel Mouriño

Miguel Barrero presenta o seu libro El rinoceronte y el poeta (onde aborda o enigma da identidade de Fernando Pessoa) conversando con José Manuel Mouriño, outro experto no escritor que proxecta no OUFF o filme Pessoa / Lisboa.

PRESENTACIÓN DO LIBRO ‘NUEVA GALICIA’

24.10 | 18:00 | LICEO DE OURENSE*

*Coa presenza de Iván Nespereira (autor)

Ademais da curtametraxe co mesmo título (que se proxectará no OUFF), Iván Nespereira realizou unha publicación con fotografías, mapas, apuntes xeográficos, manuais técnicos, herbarios ou arquivos familiares recollidos na súa investigación sobre a implantación do caucho no Amazonas e a posterior emigración europea alí.

PRESENTACIÓN DO LIBRO ‘JEANNETTE MUÑOZ. EL PAISAJE COMO UN MAR’

25.10 | 20:00 | CAFE & POP TORGAL*

*Coa presenza de Paco Algarín (editor do libro) e Jeannette Muñoz

A revista Lumière publica El paisaje como un mar, un volume sobre a cineasta chilena que inclúe materiais do seu proceso de traballo, unha entrevista en profundidade, obras dedicadas a Jeannette por outros e outras artistas e artigos sobre ela. Antes da súa performance Proceso hacia una película presentarase o libro.

PRESENTACIÓN DAS PRIMEIRAS IMAXES DE ‘AQUILO QUE ARDE’

26.10 | 12:00 | LICEO DE OURENSE (SALÓN NOBLE)*

*Coa presenza de Oliver Laxe (director)

O anterior galardoado co Premio Cidade de Ourense trae en primicia ao OUFF as primeiras imaxes de Aquilo que arde, novo filme que narra a historia dun pirómano que vive nos Ancares. Laxe acompañou o verán pasado a brigadas de extinción de incendios durante o seu traballo para gravar metraxe que aquí presenta.