SEÑORITA MARÍA: LA FALDA DE LA MONTAÑA

FICHA TÉCNICA

GUIÓN:  Rubén Mendoza
SON:  Isabel Torres, Rubén Mendoza, José Valenzuela
REPARTO:  María Luisa Fuentes
FOTOGRAFÍA:  Rubén Mendoza
MONTAXE:  Gustavo Vasco, Juan David Soto, Rubén Mendoza
PRODUCIÓN:  Amanda Sarmiento, Rubén Mendoza
CONTACTO:  Amanda Sarmiento | lafaldadelamontana@gmail.com

SEÑORITA MARÍA: LA FALDA DE LA MONTAÑA

SEÑORITA MARÍA, A FALDRA DA MONTAÑA / MISS MARÍA, SKIRTING THE MOUNTAIN
Rubén Mendoza  |  Colombia  |  2017  |  90’

21.10 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA  – GALICINE* | ENTRADAS 
22.10 | 17:00 | TEATRO PRINCIPAL | ENTRADAS  

*Coa presenza de Rubén Mendoza (director)

Cando Rubén Mendoza visitou o Festival de Cannes en busca de financiamento para a súa primeira longametraxe, arrincou todas as reunións cun vídeo no que un indixente gritaba a cámara: “Fillosdeputa franceses, precisamos cartos para a película, fillosdeputa franceses, dádenos cartos para a película, malparidos!”. Sen saber se o conseguiu, o certo é que Mendoza conserva, anos despois, ese espírito punk que o converte no herdeiro máis directo do Luis Ospina máis irreverente e pelexador contra as formas e as políticas que controlan o cinema a nivel mundial. Señorita María, en aparencia un documental sobre un home que soña con que Deus o convirta en muller, é tamén un golpe, duro pero humano e divertido, na fronte dos espectadores benpensantes.

Gonzalo de Pedro

Rubén Mendoza

Guionista e director. Logo dun proceso de seis anos, acaba de rematar neste 2017 o seu documental Señorita María, la falda de la montaña, co que obtivo o premio a Mellor Director de Cinema Colombiano no Festival de Cartagena ou o premio á Mellor Dirección na Semana da Crítica de Locarno.