SPELL REEL

FICHA TÉCNICA

GUIÓN:  Sana na N’Hada
SON:  Didio Pestana
FOTOGRAFÍA:  Jenny Lou Ziegel
MONTAXE:  Filipa César
PRODUCIÓN:  Filipa César, Olivier Marboeuf, Maria João Mayer | Spectre Productions, Filmes do Tejo II
DISTRIBUCIÓN:  Phantom
CONTACTO: diff@lafabrique-phantom.org

SPELL REEL

FÓRA DE COMPETICIÓN  
Filipa César  |  Alemaña, Portugal, Francia  |  2017  |  96’

23.10 | 17:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA  – GALICINE* | ENTRADAS 

Spell Reel documenta o proceso de dixitalización dos arquivos fílmicos do Instituto Nacional de Cinema de Guinea Bissau iniciado en 2011 por Filipa César e os cineastas Sana na N’Hada e Flora Gomes, en colaboración co Arsenal (Berlín). As imaxes sobreviventes testemuñan a importancia do cinema no programa de descolonización de Amílcar Cabral, líder do PAIGC asasinado en 1973. Propiciando a restauración dixital das imaxes do nacemento dunha nación, o proxecto de César evidencia a función performativa do cinema. Película estrutural e analítica, Spell Reel reconsidera criticamente a noción de “arquivo” e os procesos de compilación e dixitalización. Componse unha cartografía histórica, na cal a revisitación da historia da loita de liberación se alía a unha deconstrución crítica das formas do cinema militante. A pantalla-palimpsesto desordena as coordenadas espazo-temporais, desvelando os itinerarios materiais e discursivos do arquivo e transpoñendo sensiblemente certos principios da teoría da cultura de Cabral.

Raquel Schefer

Filipa César

Filipa César é unha artista e cineasta portuguesa con residencia en Berlín. Está interesada nos porosos límites entre a imaxe en movemento e a súa recepción, a dimensión ficcional do documental e a economía, política e poética inherente á práctica cinematográfica.