STAND BY ME

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: STAND BY ME
Ano: 1986
País: Estados Unidos
Duración: 89′
Dirección: Rob Reiner
Guión: Bruce A. Evans, Raynold Gideon
Música: Jack Nitzsche
Reparto: Wil Wheaton, River Phoenix, Corey Feldman, Jerry O’Connell, Kiefer Sutherland, Richard Dreyfuss
Fotografía: Thomas Del Ruth
Montaxe: Robert Leighton
Produción: Bruce A. Evans, Andrew Scheinman

1986: Nominada a los Oscar: Mejor guión adaptado
1986: Sindicato de Directores (DGA): Nominada a Mejor director

STAND BY ME

CONTA CONMIGO
03.11 | 11:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE*

*Presenta Rubén Ochandiano (actor)

Creo que non esaxero se digo que Stand by Me foi, para os que agora temos trinta e tantos, unha desas películas “marcavidas”. Todos vimos nalgún momento da nosa infancia as aventuras destes catro rapaces; asomámonos á súa viaxe iniciática, á vez que empezabamos a nosa, cunha estraña sensación de perigo e clandestinidade. Era coma se, unha vez que vías a película, entrases a formar parte dese club. Vista agora, con ollos de home adulto, pode resultar “naif” e inofensiva ­coma case todos os filmes dos oitenta­, pero segue a agarrarse ao corazón. E conserva unas cantas secuencias marabillosas, polas que non pasan os anos, porque falan do máis básico da alma humana. Todo iso fai que sexa xa un clásico de obrigada (e pracenteira) revisión.

Rubén Ochandiano

RUBÉN OCHANDIANO CONVERSARÁ COS ASISTENTES SOBRE STAND BY ME

escola_ruben-ochandiano_bn

(Madrid, 1980). Desenvolveu a maior parte da súa carreira como actor; traballando ás ordes dalgúns dos directores máis importantes do cinema mundial: Pedro Almodóvar, Steven Soderbergh, Alejandro González Iñarritu, Gabriele Salvatores, Montxo Armendáriz, Icíar Bollain ou Juan José Campanella, entre outros. Estivo nomeado a prestixiosos premios coma o Premio Goya, o Premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Cannes ou os Premios da Unión de Actores de España.