THE DAZZLING LIGHT OF SUNSET

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: THE DAZZLING LIGHT OF SUNSET
Ano: 2016
País: Xeorxia
Duración: 74′
Dirección: Salomé Jashi
Guión: Salomé Jashi
Fotografía: Salomé Jashi
Montaxe: Derek Howard
Produción: SAKDOC FILM, INSELFILM PRODUKTION
Distribución: SYNDICADO
Web: http://syndicado.com
Contacto: Aleksandar Govedarica aleksandar@syndicado.com

THE DAZZLING LIGHT OF SUNSET

A CEGADORA LUZ DO SOLPOR
29.10 | 20:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE
30.10 | 17:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE

Flanqueada polo seu flemático compañeiro, Dariko é a única correspondente dunha canle de televisión local xeorxiana. Con recursos irrisorios, corre de reportaxe en reportaxe para dar unha imaxe se non obxectiva polo menos honesta dos acontecementos que suceden ao seu ao redor: desde a captura dun moucho “xigante” ás necrolóxicas (onde descubrimos o enterro do portador da bandeira soviética que ondeaba sobre o Reichstag de Berlín en 1945), pasando polas eleccións. Descuberta con Bakhmaro (de 2011, proxectada na sección Focus Georgia de Visions du Réel 2015), Salomé Jashi ofrece, con humor, distancia e un consumado sentido do encadramento, un retrato de pseudo-etnográfico dunha comunidade que, grazas á modernidade e a miniaturización tecnolóxica, nunca deixou de reunir material sobre si mesma. A multiplicación dos ángulos de cámara (xornalista, cineasta, videoaficionados) en The Dazzling Light of Sunset provoca unha competencia relativa entre as imaxes e a súa marcada profundidade de foco. Logra darlle a volta aos micro-sucesos que puntúan esta traxicomedia con tinturas absurdas para sacar á luz exemplos dun país cuxa transición aínda resulta caótica.

Visions du Réel 2016, Emmanuel Chicon