TIEMPO VERTICAL

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: TIEMPO VERTICAL
Ano: 2016
País: España
Autor: Lois Patiño
Formato: Videoinstalación multipantalla
Web: www.loispatino.com

TIEMPO VERTICAL

TEMPO VERTICAL
27.10 | 19:00 | SALA DOS ARCOS DE CELANOVA * (Inauguración)
Do 28.10 ao 05.11 | SALA DOS ARCOS DE CELANOVA

* Asiste Lois Patiño (artista)

Traballando con pantallas múltiples, Lois Patiño aborda a concepción do espazo e o tempo desde perspectivas diferentes e á vez complementarias, buscando crear unha experiencia sensorial para o visitante.

Este proxecto, froito dunha bolsa outorgada pola Fundación BBVA e gravado en Marrocos, expón unha contraposición entre o movemento e o inmóbil, trazando un percorrido por un espazo onde as figuras humanas están paralizadas, mentres os elementos naturais -vento, auga, luz- seguen o seu ritmo habitual.