TRINTA LUMES

FICHA TÉCNICA

W.I.P
GUIÓN:  Diana Toucedo
MÚSICA:  Sergio Moure
SON:  Ricard Marcet
FOTOGRAFÍA:  Lara Vilanova
MONTAXE:  Ana de Pfaff, Diana Toucedo
PRODUCIÓN:  Lasoga Films, Diana Toucedo
WEB:  dianatoucedo.com |  www.lasogafilms.net
CONTACTO:  dianatoucedo@gmail.com

TRINTA LUMES

TREINTA LUCES / THIRTY LIGHTS
Diana Toucedo  |  España  |  2017-2018  |  83’

20.10 | 22:00 | AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE* 
Entradas dispoñibles na Oficina do Festival de Cine a partir do mércores 18

21.10 | 22:15 | CINECLUBE PADRE FEIJOO*  | ENTRADA GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO

*Coa presenza de Diana Toucedo (directora) e Alba Ares (protagonista)

Como naquela ópera prima de Pascale Ferran, os personaxes de Trinta lumes deben xestionar os seus “pequenos arranxos cos mortos”; en realidade moito máis ca iso. A comunidade do Courel que retrata Diana Toucedo na súa película convive directamente cos mortos, cuxa presencia é palpable nas montañas, nos cemiterios, nas aldeas abandonadas, nos propios mitos cos que se alimentan os seus habitantes desde a súa mesma infancia. A contorna do Día de Defuntos propicia que todas as barreiras rompan, entre os vivos e os mortos, pero sobre todo entre a ficción e o documental.

Jaime Pena

Diana Toucedo

Cineasta e montadora galega residente en Barcelona. Entre os seus traballos como editora destaca a longametraxe documental La noche que no acaba do director Isaki Lacuesta, a animación Chico y Rita de Fernando Trueba ou O quinto evanxeo de Gaspar Hauser de Alberto Gracia. Aparte do seu traballo no eido cinematográfico, Diana Toucedo é docente de montaxe audiovisual no IDEC/Universidade Pompeu Fabra, na Universidade Autónoma de Barcelona e na ESCAC.