VERMELHO RUSSO

FICHA TÉCNICA

REPARTO:   Martha Nowill, Maria Manoella, Soraia Chaves, Michel Melamed, Vladimir Poglazov
FOTOGRAFÍA:  Alexandre Samori
PRODUCIÓN:  Charly Braun and Eliane Ferreira | Muiraquitã Filmes, Waking Up Films
DISTRIBUCIÓN:  FIGA Films  
WEB:  www.figafilms.com
CONTACTO:  Lidia Damatto |lidia@figafilms.com

VERMELHO RUSSO

VERMELLO RUSO // ROJO RUSO / RUSSIAN RED
Charly Braun  |  Brasil, Rusia  |  2016  |  90’

21.10 | 19:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA  – GALICINE* | ENTRADAS 
22.10 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA  – GALICINE* | ENTRADAS 

*Coa presenza de Charly Braun (director)

Charly Braun dirixe Vermelho ruso, a historia de dúas amigas actrices que deciden viaxar a Rusia co obxectivo de facer un curso de interpretación baseado no método Stanislavski. Método que se convirte no elemento vehicular dunha historia que oscila entre o documental e a ficción, abundando no carácter antagónico das súas protagonistas, que se verán obrigadas a enfrontarse á realidade-ficción da súa relación amistosa, levada ata o límite a través dos seus exercicios interpretativos, dirixidos por un estrito profesor, que resulta ser tan duro como o inverno que as rodea.

Miriam Iniesta

Charly Braun

Charly Braun licenciouse en Cinema e Guión en Emerson College. Traballou como actor e técnico en diversos papeis en teatro e cinema. A súa primeira longametraxe, Por el camino, estreouse en 2011 con éxito de crítica e gañou varios premios (Río, San Petersburgo – Rusia, Tamil Nadul – India, etc.), distribuíndose en América Latina e Portugal.