Bases de la Sección Fas Muvis

Categorías:   Sección Fas Muvis
Compartir:

Ficha técnica

BASES REGULADORAS DO CONCURSO DA 23 EDICIÓN DO OURENSE FILM FESTIVAL ( OUFF) – SECCIÓN FAS MUVIS. LÍMITE 48 H

JUAN MARQUINA FUENTES, vicesecretario xeral da Deputación Provincial de Ourense,

CERTIFICO: Que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial adoptou, en sesión ordinaria do día 19 de outubro de 2018, o seguinte acordo:

APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO CONCURSO DA 23 EDICIÓN DO OURENSE FILM FESTIVAL (OUFF) – SECCIÓN FAS MUVIS. LÍMITE 48H

Ante a necesidade de proceder á convocatoria do concurso da 23 edición do Ourense Film Festival (OUFF) – Sección Fas Muvis. Límite 48H, e unha vez vista a proposta de bases elaboradas conxuntamente polos servizos provinciais e a Fundación Carlos Velo, a Xunta de Goberno adopta o seguinte acordo:

1º.- Aprobar as referidas bases e convocar a 23 edición do Ourense Film Festival (OUFF) – Sección Fas Muvis. Límite 48H, consonte coas seguintes cláusulas:

1. A PROPOSTA
Creación dun concurso por equipos para a realización dunha peza audiovisual cunha duración determinada durante un tempo limitado. Cada equipo terá un presuposto pechado para a realización da obra.

2. OS EQUIPOS.
• A inscrición será por equipos.
• Haberá un máximo de 5 equipos competindo.
• Cada equipo estará formado por un máximo de 5 membros que non poderán ser maiores de 28 anos.
• Os equipos deberán aportar un documento co CV breve de cada integrante, unha proposta de idea e unha sinopse de non máis de 3 páxinas.
• A organización fará a selección dos equipos concursantes atendendo ao CV dos membros, á calidade do proxecto e a adaptación ás bases do relato proposto.
• Cada equipo seleccionado será o responsable de conseguir o material técnico que considere necesario para o desenvolvemento do seu proxecto.

3. DURACIÓN DO CONCURSO
• A data límite de entrega de propostas será o 19 de novembro e a lista de seleccionados farase pública o 26 do mesmo mes.
• Os equipos en competición deberán presentarse o día 30 de novembro ás 17h no Centro Cultural Marcos Valcárcel para proceder á entrega de credenciais e á explicación detallada das bases do Concurso.
• O tempo de preprodución comezará dende o momento en que se nomean os equipos seleccionados.
• Haberá 48 horas para a gravación, dende o venres 30 de novembro ás 20h, ata o domingo 2 de decembro ás 20h.
• Do mesmo xeito haberá outras 48 horas para a montaxe, que serán dende o domingo ata o martes 4 de decembro ás 20h.
• A obra definitiva terá que estar subida antes das 23.59h. do martes 4 de decembro á plataforma que a organización teña indicado.

4. O RELATO
• O proxecto proposto deberá estar relacionado ca cidade de Ourense.
• Deberá destacar os valores arquitectónicos, sociais, históricos, etnográficos ou naturais da contorna. Así mesmo, valorarase favorablemente a transmisión de valores sociais positivos tales coma igualdade, non discriminación, etc.
• A peza desenvolvida deberá ter una duración mínima de 3 minutos e máxima de 10 minutos.
• A obra poderá ser ficción, documental, promocional ou reportaxe.
• Un 40% da peza deberá ser rodada nos exteriores da cidade de Ourense.
• A obra deberá ser en lingua galega (incluídos créditos e información textual). En caso de ser noutro idioma deberá ter subtítulos en galego.
• Deberá comezar e finalizar co logotipo do OUFF, que será facilitado pola Organización.

5. SELECCIÓN DOS PROXECTOS
• Dos proxectos enviados serán seleccionados cinco que pasarán á fase de concurso.
• Para a súa selección valorarase:
– A viabilidade do proxecto.
– A orixinalidade da idea presentada.
– A adecuación á representación dos valores arquitectónicos, sociais, históricos, etnográficos ou naturais da contorna da cidade de Ourense.

6. O PRESUPOSTO
• Cada equipo terá un presuposto máximo para a realización da peza de 600€.
• Entregaránse 300€ ó productor de cada equipo no momento da inscripción e entrega de credenciais do Concurso.
• Os outros 300€ serán ingresados por transferencia bancaria despois da entrega da peza audiovisual, sempre que esta cumpra as bases do concurso e o resultado final se adapte ó proxecto presentado.
• Os equipos deberán presentar xunto coa entrega da peza unha memoria de produción do desenvolvemento do proxecto. Esta memoria levará un parte diario de traballo no que se explicará como se organizaron os equipos, o presuposto e os tempos.
• O presuposto poderase gastar nas partidas que o equipo considere necesarias: material técnico, atrezzo, actores, manutención, desprazamentos, aloxamento…

7. O XURADO
A Deputación Provincial nomeará entre profesionais do mundo do audiovisual e da cultura un xurado para outorgar os premios correspondentes. A relación nominal dos membros do xurado farase pública con anterioridade ao inicio do Festival. As decisións do xurado serán inapelables.

8. OS PREMIOS
• Haberá un primeiro premio de 600€ e un segundo de 200€ para as obras audiovisuais que segundo a valoración do Xurado mellor se adapten a estas bases.
• Os dereitos de explotación non comercial das obras premiadas serán cedidos a Deputación de Ourense para a súa promoción.
• O mércores 5 de decembro, no día de peche do OUFF, proxectaranse as 5 obras participantes e o Xurado outorgará os premios ós gañadores.

2º.- A convocatoria deste premio publicarase no BOP e na sede electrónica da Deputación Provincial.

E para que conste, e nos termos do artigo 206 do vixente ROF, expido esta certificación en Ourense, o dezanove de outubro de dous mil dezaoito.


Outras obras desta categoría