Galego
Español
English
Bases
OUFFescola2012_banner_940x80.gif
         
 
         
Organiza:

17OUFF_ouffescola.jpg

logo_normalizacion.jpg

xunta.jpg

 
 Colabora:  

 
 logoPNO+Web1.jpg  
 
 
BASES - IV Certame de Cinema OUFF Escola
 
1. FINALIDADE DA CONVOCATORIA
O obxectivo desta convocatoria é regular o procedemento de aceptación e participación de proxectos audiovisuais no IV Certame de Cinema OUFF Escola convocado polas devanditas entidades.

2. PARTICIPANTES
Poderá participar o alumnado matriculado en centros públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2011-2012 , aqueles de fóra de Galicia que teñan no seu currículo materias de e en lingua galega e aqueloutros que participan no Proxecto Ponte...nas Ondas! A participación realizarase sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsábel do proxecto.

3. CATEGORÍAS

Estabelécense dúas categorías:
A) Infantil e primaria.
B) Outros  niveis de ensino non universitario, agás as escolas oficiais de Imaxe e Son


4. CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS
As obras deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Todos os traballos estarán en lingua galega  ou portuguesa.
2. Deberán ser orixinais ou adaptacións, non comercializados, non premiados.  anteriormente e non presentados con anterioridade a este mesmo certame.
3. Modalidades: ficción, documental, animación.
4. Duración: até 20 minutos, créditos incluídos.
5. A temática será libre.
6. Quedarán excluídos aqueles traballos que inciten ao racismo, xenofobia,  homofobia e calquera tipo de violencia, así como os que atenten contra a dignidade da persoa.
7. As obras presentaranse en formato dixital.
8. Cada  traballo presentado  non poderá conter máis dunha obra e deberá estar en perfecto estado para a súa proxección.
9. Cada  obra irá  identificado  co título da obra, a duración, e o centro de ensino de procedencia.
10. De apareceren menores de idade, deberá contarse coa autorización paterna e/ou materna.
11. Calquera apropiación indebida de dereitos de autor –imaxe e son-  ou incumprimento das bases desta convocatoria é responsabilidade directa do profesor ou profesora titora.

5. INSCRICIÓN NO CERTAME
A inscrición formalizarase enviando o cuestionario que aparece na páxina web do Festival e o DVD enviarase antes do 29 de xuño de 2012. Estes serán remitidos ao seguinte enderezo:

Festival de Cine Internacional de Ourense
(OUFF Escola)
Rúa da Canle, 2
32004 – Ourense
Apartado de Correos 664

6. XURADO
O xurado estará composto por 5 persoas. Dúas serán nomeadas polo OUFF, dúas pola  Concellaría de normalización lingüística e unha pola Secretaría Xeral de Política Lingüística .
Os membros do xurado valorarán os seguintes criterios:
A)  Calidade da obra
B)  Orixinalidade do argumento
C)  Autenticidade e calidade no uso da lingua    
D)  Potenciación de valores democráticos e de tolerancia

    
As curtametraxes premiadas serán publicadas nos seguintes enderezos web: http://www.ouff.org/ 
http://www.xunta.es/linguagalega/equipos_de_normalizacion_linguistica
http://www.pontenasondas.org

A decisión do xurado será inapelábel.

 

7. PREMIOS

OUFF ESCOLA 2012 concederá os seguintes premios:

Categoría A
1.º Premio:  seiscentos euros (600 €)  
2.º Premio: catrocentos euros (400 €)
Premio Blanco Amor ao mellor guión: trescentos euros (300 €)

Categoría B
1.º Premio:  seiscentos euros (600 €)
2.º Premio: catrocentos euros (400 €)
Premio Blanco Amor ao mellor guión: trescentos euros (300 €)  

PREMIO ESPECIAL “PONTE NO OUFF”

O xurado seleccionara un traballo audiovisual entre os participantes na 18 edición de Ponte...nas ondas! que se emitirá o 1 de xuño. Este obra será incluída na programación do 17 Festival de Cine Internacional de Ourense e o premio será entregado no mesmo acto,
Premio especial ( 300 € )
 
A entrega de galardóns realizarase no 17 Festival de Cine Internacional de Ourense, no cal se proxectarán os traballos gañadores nas salas cinematográficas vencelladas ao festival.
Todas as obras presentadas recibirán un certificado acreditativo da súa participación.
Non se concederán premios ex-aequo. De estimar o xurado que os traballos non reúnen a calidade suficiente, os premios poderán ficar desertos.

                                      
INFORMACIÓN ADICIONAL

A inscrición no IV Certame de Cinema OUFF Escola 2012 implicará a total aceptación destas bases polos participantes.
A súa interpretación, así como outros aspectos que poidan xurdir sen estaren contemplados nestas bases, serán competencia exclusiva do xurado.
A organización resérvase o dereito de poder exhibir os audiovisuais inscritos, con fins educativos e culturais, non comerciais e sen ánimo de lucro, en actividades como ciclos, cursos de cine, xornadas de promoción e outros.
Non se devolverán as copias en DVD dos traballos presentados.

 

 
 
Descargas:

Bases OUFF Escola 2012

Formulario de inscrición (.doc)
Formulario de inscrición (.pdf)

 
Traballos2011

Infantil e Primaria
Non Universitaria

 
 
 
Política de privacidade  |  Termos de uso  |  Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008