Galego
Español
English
My Kidnapper estréase nos cines do Reino Unido

mykidnapperOurense, 3|2|2011. A última edición do OUff entregoulle o premio Cidade de Vigo á mellor Dirección a Mark Henderson e a Kate Horne polo traballo realizado en My Kidnapper. A partir do 11 de febreiro, o documental poderá verse nas salas de todo o Reino Unido, sendo a estrea nos cines Ritzy de Brixton (Londres). Posteriormente, pasarán por Liverpool, Manchester, Sheffield, Edinburgo...

My Kidnapper relata a vivencia dun secuestro, o do propio Henderson, a mans da guerrilla. Ocorreu en 2003, cando foi un dos 8 excursionistas tomados como reféns mentres facían deporte na selva colombiana. O que comezou como unha inocente aventura turística, rematou en 101 días terribles de cativerio. Un ano despois da súa liberación, un dos seus secuestradores púxose en contacto con el por correo electrónico. Agora vai de novo ao seu encontro, para pechar definitivamente este capítulo da súa vida. [+ info]
 

 
Política de privacidade  |  Termos de uso  |  Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008