| Finaliza a rodaxe de Lobos de Arga de Vaca Films |
[Agapi.org] 12|04|2011. Onte, mércores, finalizou en Madrid a rodaxe de Lobos de Arga, unha historia de terror e aventuras escrita e dirixida por Juan Martínez Moreno (Un bo home, Dos tipos duros), e protagonizada por Gorka Otxoa (Pagafantas, Doctor Mateo, Cuestión de sexo), Carlos Areces (Balada triste de trompeta, Spanish Movie, Muchachada Nui ), Secun de la Rosa (No controles, Días de fútbol, Aída ), Manuel Manquiña (El lápiz del carpintero, Torrente, el brazo tonto de la ley, Airbag), Luís Zahera (Celda 211, Retornos, Alatriste) e Mabel Rivera (Mar adentro, El orfanato).A rodaxe desta gran produción, que conta cun orzamento de 5 millóns de euros, bos parte deles investidos en efectos especiais, maquillaxe e caracterización, comezou o pasado 31 de xaneiro en Galicia, onde transcurriron practicamente todas as secuencias de exteriores en lugares como o Pazo de Caxcaside, o Mosteiro de Carboeiro, o cemiterio de Boisaca e as localidades de Silleda e Noia. Posteriormente, o equipo trasladouse a Madrid, onde estiveron rodando as secuencias restantes ata onte, 6 de abril. Algunhas das secuencias máis impactantes de Lobos de Arga esixiron elaboradas caracterizacións e procesos de maquillaxe de máis de catro horas de duración. Arturo Balseiro, responsable do Deseño da Criatura e Maquillaxe Especial, xa estivo a cargo da maquillaxe de El hombre lobo, protagonizada por Benicio del Toro e Anthony Hopkins, e formou parte do equipo creativo gañador do Oscar á Mellor maquillaxe por El laberinto del fauno. Lobos de Arga tamén conta con complexas escenas de acción, ata 30 lobishomes nunha mesma secuencia, explosións e efectos especiales a cargo de FX Stunt Team, o mesmo equipo de profesioanis que crearon os efectos das últimas entregas da saga Torrente e en películas como El secreto de sus ojos ou Diarios de Motocicleta. A historia de Lobos de Arga comeza no ano 1910 en Arga, un pequeno pobo de Galicia, onde unha terrible maldición cae sobre a malvada marquesa de Mariño e o seu fillo, converténdoo en lobishome no seu décimo aniversario. Cen anos despois, Tomás (Gorka Otxoa), un escritor fracasado e último descendente varón dos Mariño, regresa ao pobo convencido de que van a nomealo fillo adoptivo da localidade. En realidade, os veciños pensan sacrificalo nunha escura cerimonia para acabar co reinado de terror do lobishome que leva un século aterrorizando a rexión. De non levarse a cabo o sacrificio do último dos Mariño na data exacta, unha segunda maldición caerá sobre Arga. Unha maldición de consecuencias moito máis terribles... Lobos de Arga é unha produción de Telespan 2000 (Pagafantas, Días de fútbol, El otro lado de la cama), empresa pertencente ao Grupo Vértice 360º e Vaca Films (Celda 211, Secuestrados), que conta coa participación de Televisión Española, CANAL +, ONO, R, a Xunta de Galicia e o programa MEDIA da Unión Europea. Podes seguir o día a día da rodaxe da película no especial multimedia de RTVE.es, onde o equipo profesional volca as experiencias e os retos aos que se enfronta en cada etapa da creación dunha obra. |
| Política de privacidad | Términos de uso | Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008 |