Galego
Español
English
Comeza a rodaxe de "Personal Movie" a cuarta película de Héctor Carré
 A praia de Razo será o primeiro escenario onde se rode Personal Movie, un filme de suspense escrito e dirixido por Héctor Carré (La promesa, 2004; Dáme Algo, 1997; Dame Lume, 1994). Durante as vindeiras semanas o equipo de rodaxe dará vida á historia que transcurre nas localizacións de Praia de Razo (Carballo), a vila de Miño, o Porto deportivo de Sada, a praia de Bastiagueiro (Oleiros), as vilas de Ares e Redes, o Club del Mar San Amaro (A Coruña) e os arredores de Cambre
A historia trata sobre un mozo que está de vacacións nun pobo galego e que despois dunha gran festa atopa un brazo humano na súa neveira. Como non lembra nada do acontecido a víspera, vese obrigado a descubrir quen é o asasino, sen denunciar o feito á policía.
No elenco artístico destaca a presenza de coñecidos actores e actrices como Santi Romay, Chete Lera, Miguel de Lira, Isabel Blanco, Victor Mosqueira, Deborah Vukusic e Yelena Molina. A produción executiva corre a cargo de Héctor Carré e Antón Reixa.
No equipo técnico destacan o director de fotografía Juan Carlos Gómez (Gordos, El Bola, Azul Oscuro Casi negro, La promesa, Dame Algo), a Música de Manuel Varela (La promesa), a dirección de arte de Alexandra Fernández,o vestiario de Arantxa Domínguez o son con Dani López e a dirección de produción de Xabier Eirís.
A película vén ser un thriller dramático cargado de suspense, anclado na realidade e cun un desenvolvemento verosímil e sorprendente. Sirvan como referentes as cintas: Michael Clayton, Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto, Una historia de violencia, Crash, Antes de que el diablo se entere.
Personal Movie, supón a continuidade de Sun Lúa na produción de cine; nesta ocasión conta cun service de produción que presta Filmanova, aportando a súa experiencia e máis equipos.
Máis info en: http://www.personalmovie.es/ 
 
Política de privacidade  |  Termos de uso  |  Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008