|
|
| |
|
|
|
|
|
|
|
IV Certame de Cinema OUFF Escola
|
| |
|
O Consorcio para o Festival Internacional de Cine Internacional de Ourense (OUFF), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense convocan o IV Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 17ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, en colaboración con Ponte...nas Ondas!.
O IV Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.
Esta iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura darlles formación aos mozos sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual.
“Facer cine en Galicia é posíbel. Facer cine en galego é necesario, calquera cultura que queira sobrevivir precisa do cine”.
Chano Piñeiro
|
|
|
|
|