| Estréase en Ourense Pa Negre, en V.O. subtitulada ao galego polo OUFF |
|
Pérez expresou o seu desexo de que a iniciativa “non quede nun feito puntual” e sexa, pola contra, “o inicio dunha estreita colaboración para o futuro”. Pola súa banda, Luís Risco, secretario da Fundación Vicente Risco, agradeceulle á produtora que cedese os dereitos do filme de xeito desinteresado para a súa dobraxe, e ao propio Emili Teixidor “as facilidades amosadas ao longo de todo o proxecto”. A publicación estará á venda o día 22 de decembro. A tiraxe inicial será de 1.500 exemplares cun prezo de 25€ no que se inclúen a novela, (traducida do catalán ao galego por Eduard del Castillo), e o dvd. Os beneficios da súa venda destinaránse a amortizar os 20.000€ de investimento. Con este proxecto, a Fundación Vicente Risco pon ao día o que foi proxecto central dos intelectuais da Xeración Nós, a internacionalización da lingua e a cultura galegas. O obxectivo é pór en contacto a nosa cultura con outras sen necesidade de mediación do castelán, apoiando e fornecendo as traduccións directas ao galego en diversas publicacións. A novela Pa Negre, de Emili Teixidor, foi publicada en 2003 pola editorial Columna. En 2004 gañou o Premi Lletra d'Or ao mellor libro publicado en lingua catalá. Na actualidade está xa na 16º reimpresión e, por primeira vez, é traducida ao idioma galego. No ano 2010 foi levada ao cine por Agustí Villaronga, acadando 14 nominacións aos Premios Goya dos que obtería 9, así como a Cuncha de Prata do Festival Internacional de Cine de San Sebastián. A historia, ambientada na Cataluña rural da posguerra, está protagonizada por Andreu, un rapaz da Plana do Vic que un día atopa dous cadáveres no bosque. As autoridades quererán cargarlle as mortes ao seu pai, prendido por roxo, polo que Andreu tentará buscar os auténticos responsables. Unha historia a medio camiño entre a memoria e a ficción que retrata a descoberta do mundo dos adultos e a iniciación ao sexo. |
| Política de privacidad | Términos de uso | Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008 |