XURADO COMPETICIÓN IBEROAMERICANA 21OUFF

Miriam Reyes

(Ourense, 1974). Filla de emigrantes, desde os oito anos criouse en Caracas, onde estudou Letras na Universidade Central de Venezuela. Publicou os libros de poesía: Espejo negro (2001), Bella durmiente (2004), Desalojos (2008), Yo, interior, cuerpo (Antología poética) (2013), Haz lo que te digo (Bartleby, 2015). Desde o ano 2000 combina o traballo da palabra co da imaxe, levando a poesía a outros formatos coma o vídeo, e a outros escenarios, coma os festivais de artes escénicas ou de novas tecnoloxías.

Luis López Carrasco

(Murcia, 1981). Produtor, director, guionista e co-fundador do colectivo audiovisual Los Hijos, dedicado ao cinema documental experimental. O seu traballo como director foi proxectado en numerosos festivais  internacionais coma Locarno, Rotterdam, Nova York, BAFICI ou Viennale e centros de arte contemporánea coma Georges Pompidou, Guggenheim Bilbao ou Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía.

Manu Yáñez

(Santiago de Chile, 1980). É colaborador habitual das revistas Fotogramas e Rockdelux, da publicación norteamericana Film Comment, o suplemento Culturas de La Vanguardia e a web arxentina Otros Cines. Forma parte da Associació de Crítics e Escriptors Cinematográfics de Catalunya, filial de FIPRESCI.