XURADO COMPETICIÓN IBEROAMERICANA

Elena Martín

Dacabalo entre o cinema e o teatro, a interpretación e a dirección, Elena Martín fundou o laboratorio de experimentación escénica Els Malnascuts (Sala Beckett), dirixiu a peza POOL (NO WATER), entre outras, e deu vida a Ágata na película Las amigas de Ágata (2015).

Júlia ist foi o seu debut como directora de cine e foi premiada coas Biznagas de Plata a Mellor Película e Mellor Dirección no Festival de Málaga.

 

Ramiro Ledo

Presidente de NUMAX, S. Coop. Galega. Responsable do Cinema NUMAX e NUMAX Distribución, que estreou recentemente en España títulos como Mimosas (Oliver Laxe), Cabalo diñeiro (Pedro Costa) ou La idea de un lago (Milagros Mumenthaler). Como cineasta, realizou VidaExtra (2013), Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo (2011), O proceso de Artaud (2010) e CCCV-Cineclube Carlos Varela (2005).

Xacio Baño

Nado en Xove (Lugo), estudou cine na Universidade de León. Produciu, escribiu e dirixiu varias curtametraxes entre as que destacan Eco (2015), Ser e voltar (2014) e Anacos (2012), presentes en numerosos festivais nacionais e internacionais como Locarno, New Directors/New Films MoMA, Telluride, BAFICI, Mar del Plata, Clermont Ferrand… Actualmente traballa na súa primeira longametraxe, Trote, en fase de posprodución.