XURADO COMPETICIÓN ÓPERAS PRIMAS

 

Felipe Lage

Participou na produción das longametraxes Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe, 2010), Arraianos (Eloy Enciso, 2012), O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia, 2013), Costa da Morte (Lois Patiño, 2013), Pozoamargo (Enrique Rivero, 2015) e Mimosas (Oliver Laxe, 2016), todas elas premiados nalgúns dos festivais de cinema máis importantes do mundo.

 

Maialen Beloki

(San Sebastián, 1983). Responsable do Departamento de Documentación e Películas e as seccións do Encontro Internacional de Estudantes de Cinema e Zinemira do Festival de Cinema de San Sebastián. Formou parte do comité de selección de Kimuak, programa para a promoción e a distribución internacional de curtas vascas do Goberno Vasco (2012, 2013). Desde 2016 pasa a formar parte da Subdirección do Festival.

Miguel Valverde

(Portimão, Portugal, 1971). É licenciado en Dereito pola Universidade de Lisboa. Entre 1997 e 2004 programou curtametraxes de varios festivais como FICA – Festival Internacional de Cinema do Algarve (Portugal) e o Festival Internacional de Cinema de Skopje (Macedonia). En 2003 creou, xunto a Nuno Sena e Rui Pereira, IndieLisboa – Festival Internacional de Cinema Independente de Lisboa, sendo na actualidade un dos seus directores e programador principal.