XURADO OUFF ESCOLA

Ángeles Huerta

Directora. Logo de varias curtametraxes, debuta na longa con Esquece Monelos,  obra que puidemos ver no 21º OUFF como WIP e coa que gañou diversos premios (entre eles o Mestre Mateo ao Mellor Documental ou a Mención Especial do Xurado no pasado Documenta Madrid). Na actualidade está a preparar a súa segunda longametraxe, O corpo aberto, unha historia de ficción situada a principios do século XX na raia ourensá.

 

Gregorio Ferreiro Fente

Funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, é actualmente asesor técnico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, organismo público dentro do que participou na redacción, posta en marcha ou coordinación de proxectos como o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega ou a Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia. Paralelamente, é autor de libros e de artigos e ensaios sobre escritores, aparecidos en publicacións especializadas e de divulgación e xornais.

 

Héctor Domínguez-Viguera Queija

Nace en Ourense en 1984. Durante varios anos traballa como guionista para diferentes produtoras a nivel estatal e internacional. En 2013 funda a súa produtora Zerkalo Films. Ese mesmo ano escribe e dirixe dúas cortometraxes: La nana e Ella y el espejo. En 2015 escribe e dirixe El pozo, curtametraxe protagonizada por Aitana Sánchez-Gijón. Actualmente traballa no desenvolvemento da súa primeira longametraxe documental, Tierra de leche y miel, e escribe a súa primeira longametraxe de ficción, Nuit Blanche.

 

Manoli Maseda

Ourense, 1965. É doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Vigo. Nestes intres desempeña o posto de coordinadora territorial dos equipos de dinamización lingüística da provincia de Ourense.

 

Sara Casasnovas

Actriz nada en Ourense. Leva anos dedicada á interpretación e dáse a coñecer ao gran público con ficcións como Arriya, Tercer grado, Gernika, bajo las bombas, Hospital central, La chica de ayer o Amar en tiempos revueltos, recibindo varios recoñecementos e premios. O seu último reto foi dirixir a súa primeira curtametraxe Escarabana, recentemente estreada na Sección Oficial de Cine de Sitges e que tamén se proxectará durante o 22º OUFF.