O OUFF proxecta “Tódalas las mulleres que coñezo”, a primeira película rodada na cidade que compite no festival

  • A súa directora, Xiana do Teixeiro, califica o documental de “cine participativo”
  • O equipo técnico está formado só por mulleres
  • A película amosa as conversas de varias mulleres sobre a desigualdade de xénero

Ourense, 2 de decembro. O Ourense Film Festival (OUFF) estrea esta tarde a primeira película rodada na cidade que compite na Sección Oficial do certame nos seus 23 anos de historia. “Tódalas mulleres que coñezo” é un documental co que a realizadora lucense Xiana do Teixeiro quere “retratar un descontento ou unha sensación case de fraude que temos moitas mulleres con esa idea da igualdade de xénero”.

No documental, que Do Teixeiro cualifica de “cine participativo”, mulleres de distintas xeracións conversan e comparten as súa impresións sobre a desigualdade de xénero. Para conseguir que os diálogos fosen fluídos e que as mulleres, que non son actrices profesionais, sentiran o lugar de rodaxe un “refuxio” para falar sen pudor das súas experiencias, o equipo técnico da película estaba composto só por mulleres.

Para Xiana do Teixeiro, “o espazo público está configurado de manera masculina, e a el as mulleres accedemos como extranxeiras”. Con esa idea en mente, puxo en marcha un documental cuxo terceiro acto está rodado no IES As Lagoas de Ourense, onde se proxectou parte da película que por aquel entón estaba gravada para rexistrar a reacción de alumnos e alumnas de Bacharelato, de entre 16 e 17 años, a esas imaxes.

“Tódalas las mulleres que coñezo” chega ao OUFF despois de pasar por festivais como DocumentaMadrid ou Alcances. En Ourense compite en Sección Oficial con longametraxes de ficción e animación, unha mestura de xéneros que Xiana do Teixeiro agradece e pon en valor. “Tódalas las mulleres que coñezo” poderá verse este domingo ás 18:00 horas na Sala Azul do Auditorio Municipal e mañá luns ás 20:00 horas no mesmo lugar.