José Manuel Mouriño analiza a película “El espejo” de Andréi Tarkovski no seu novo ensaio

·  “Andréi Tarkovski y el espejo. Estudio de un sueño” presenta material gráfico inédito

·  Mouriño considera a Tarkovski “un dos cineastas máis importantes do século XX”

Ourense, 5 de decembro. O cineasta e investigador ourensán José Manuel Mouriño analiza en “Andréi Tarkovski y el espejo. Estudio de un sueño” unha peza clave na filmografía do realizador ruso, a súa película “El espejo” (“Zerkalo”, 1975). A publicación, presentada en el marco del Ourense Film Festival, recolle o ensaio de Mouriño, estructurado en 12 bloques diferentes, así como unha serie de fragmentos nos que o propio Tarkovski reflexiona sobre “Nazarín”, a súa favorita de entre as películas de Buñuel.

José Manuel Mouriño

O libro inclúe tamén unha breve presentación de Andréi A. Tarkovski, fillo do cineasta, así como máis de sesenta imaxes entre fotografías de rodaxe e fotogramas da película, material gráfico inédito, nalgúns casos, ata o día de hoxe. A publicación deste material foi posible grazas á colaboración do investigador ourensán co Andréi Tarkovski International Institute en Italia.

Figura clave do cine do século XX

Andréi A. Tarkovski (Rusia, 1932) está considerado un dos máis influíntes autores do cine soviético e “un dos cineastas máis importantes do século XX”, en palabras de Mouriño. O director realizou tan só 7 longametraxes, que se caracterizan polo seu relato “íntimo e autobiográfico”, e nos que destaca “Sacrificio” (1986), a película máis premiada da historia do Festival de Cannes con catro galardóns.

Durante a presentación do libro, José Manuel Mouriño tivo a oportunidade de falar cos alumnos de 4ª da E.S.O. do colegio Padre Feijoo-Zorelle de Ourense, que este mércores asistiron ás roldas de prensa de OUFF, e cos que falou de cine e dos seus directores preferidos.