O OUFF presenta o libro “Marcas na paisaxe”, unha reflexión sobre o que é o cine galego

Trátase dun compendio de artigos elaborados por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela

Ourense, 30 de novembro. Baixo o título “Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega”, varios investigadores da Universidade de Santiago de Compostela elaboran unha análise do cine en lingua galega. O libro, publicado pola editorial Galaxia en Vigo, forma parte das publicacións sobre cine que o Ourense Film Festival (OUFF) quere recuperar nesta 23ª edición. Trátase dun dos libros máis recentes sobre “as historias do cine galego”, que busca “reavivar un debate sobre que é o cine galego”, segundo explicou está mañá en rolda de prensa unha das autoras da publicación, Marta Pérez.

Mata Pérez en la presentación

“Marcas na paisaxe” é o primeiro volume dunha nova colección chamada “Pantallas de Galaxia”, na que os autores levan traballando varios anos e que está coordinado pola escritora e xornalista Margarita Ledo Andión.

Nas súas páxinas fálase do cine galego en torno a tres temas: a terra, a inmigración e a lingua. A publicación de “Marcas na pasaxe” neste 2018 enmárcase en dúas efemérides: os cincuenta anos de 1968 como animador do cine militante e a declaración de 2018 como “Ano europeo do Patrimonio Cultural, Material, Inmaterial e Dixital”.