O Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o IX Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 23.a edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará en 2018.

O Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

Esta iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura dar formación á mocidade sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual..

“Facer cine en Galicia é posíbel. Facer cine en galego é necesario, calquera cultura que queira sobrevivir precisa do cine”. Chano Piñeiro

PROGRAMACIÓN OUFF ESCOLA 2018

Gala entrega de premios
Auditorio Municipal [03/12]
Será o día 3 de decembro en el Auditorio, estará presentada por Uxía Morán, participan colexios de toda Galicia e de fora dela que teñan no seu curriculum materias en galego e participasen con películas no certamen de Ouff Escola 2018 . Daránse a coñecer os gañadores nesa gala.

 

Proxección de “A cambio de nada”
Teatro Principal [04/12 – 11:00 h.]
Proxectarase a película de Danie, Guzmán “A cambio de nada” con charla-coloquio posterior.

Será proxectada o día 4 de decembro ás 11 da mañá no Teatro Principal para colexios de Secundaria de Ourense.

2015: Premios Goya: Mellor director novel e actor revelación (Herrán) 6 Nomin.
2015: Festival de Málaga: Biznaga de Ouro (mellor película). 4 Premios
2015: Premios Feroz: 4 nominaciones incluidas mellor película drama e director