Mar de terra
Mar de tierra
José Antonio Blanco España 2018 60 minutos
Ficha técnica
XÉNERO: Documental
GUIÓN: José Antonio Blanco y Kepa Junquera
MONTAXE: J.A. Blanco
FOTOGRAFÍA: Ruben Cao Presas
MÚSICA: Kepa Junquera
INTÉRPRETES: Kepa Junkera, os pobos de Laza, Xinzo de Limia, Viana do Bolo, Verin, Vilariño do Conso, Santiago de Arriba, Manzaneda, Salcedo e tódalas persoas que co a súa xenerosidade fixeron posible este pequeno viaxe cheo de emocións.
PRODUCIÓN: Javier Torquati Díaz
O documental ofrece unha visión personal e diferente dunha tradición, a do Entroido, que viaxa ao fondo das emocións. Na cinta, que percorre os entroidos de Laza, Xinzo, Verín, Manzaneda, Santiago de Arriba (Chantada) ou Viana do Bolo, misturase a música do acordeón de Kepa Junkera cos sonidos máis ancestrais da celebración. Neste documental, que xurdiu de forma improvisada e foi filmada en menos dunha semana, o músico guíanos polas entrañas dos entroidos ourensáns e lucenses.
Sobre el director
O ourensán José Antonio Blanco estudou marketing audiovisual na Escola de Imaxen e Son de Vigo (Pontevedra) no 2001. Traballou realizando curtametraxes, publicidade e documentais, e foi axudante de dirección en series como “Rías Baixas” ou “Fíos” e no documental “Un bosque de música”, de Ignacio Vilar. Codirixe o docudrama “Podrías ser ella” (2012), premiado no Festival de Málaga. Dirixiu ata esta data cinco curtametraxes. “Mar de terra” é a súa primeira longa documental como director.
2018: Mar de terra (documental)
2017: Fumando Espero (curta)
2014: Véndese. Baixo prezo. Poco uso (curta)
2012: Estado (curta)
2011: Silencio (curta)
2008: Ramas secas (curta)