Cartel Fas Muvis 2019

Fas Muvis – Límite 48H  é un concurso por equipos para a realización dunha peza audiovisual cunha duración determinada durante un tempo limitado. Cada equipo terá un orzamento pechado para a realización da obra. Na edición 2019 houbo dúas categorías: FAS MUVIS e FAS MUVIS ESCOLA. Competiron 10 equipos, 7 en FAS MUVIS e tres en FAS MUVIS ESCOLA. Cada equipo debía estar formado por un máximo de 5 membros que non podían ser maiores de 28 anos no caso de FAS MUVIS, e de entre 16 e 22 anos para FAS MUVIS ESCOLA.

O proxecto proposto debía estar relacionado coa cidade de Ourense, así como destacar os valores arquitectónicos, sociais, históricos, etnográficos ou naturais da contorna. Así mesmo, valorarase favorablemente a transmisión de valores sociais positivos tales como igualdade, non discriminación, etc.

PALMARÉS

GAÑADORES FAS MUVIS 2019

EQUIPOS PARTICIPANTES 2019

FAS MUVIS XERAL 

MARTÍN SORGA COLAÇO OURENSE VELLO 
AINHOA MARTÍNEZ ÁLVAREZ OURENSE VIVE 
RAQUEL GESTIDO IGLESIAS CINZAS 
CLARA MIÑÁN SOTO [DES]ENCONTRO 
MARGARIDA RODRÍGUEZ TILVE RUANDO CON DE RUADA 
CRISTELA TORRES NINE UNHA NOITE CALQUERA 
ARTAI LOSADA ANTÓN ENCRUCIJADA 

 

FAS MUVIS ESCOLAS 

BÁRBARA RODRÍGUEZ CURROS A PINGA 
LUIS ÁLVAREZ OUTEIRO AUGARDENTE 
ANDREA RODRÍGUEZ PASOZ EFECTO NIHILIA