7 razones para huir

GERARD QUINTO, ESTEVE SOLER, DAVID TORRAS | España | 2019 | 75'

Categorías: Inédito en Ourense
Día: 29.09.2019 |
Horario: 17:30h |
Lugar: Cines Pontevella
7 razones para huir - Inédito en Ourense
Compartir:

Ficha técnica

Directores: Gerard Quinto,  Esteve Soler, David Torras
Guión: Esteve Soler
Fotografía: Gabriel Campoy
Montaxe: Anaïs Urraca
Intérpretes: Emma Suárez, Lola Dueñas, Sergi López, Francesc Orella, Àlex Brendemühl, David Verdaguer, Jordi Sánchez, Alain Hernández, Nuria Gago, Pepe Viyuela, Vicky Peña
Produtores: Aritz Cirbián Casado, Martin Samper
Produtoras: No Hay Banda / Producciones del Interior AIE
Distribución en España: Syldavia

Un matrimonio que tenta ‘abortar’ ao seu fillo adulto. Unha parella á que se lle presenta o terceiro mundo na casa. Unha escaleira de veciños que non lembran que vai despois do seis. Un axente inmobiliario que tenta vender un piso con posibilidades, pero co antigo inquilino colgando da lámpada. Un matrimonio ‘ben’ con setecentos escravos traballando baixo o chan. Un home atropelado e unha muller que cre que non merece a pena chamar á ambulancia. Unha parella a piques de darse o ‘si, quero’, ata que a morte os separe. Sete visións surrealistas dunha sociedade que non progresa.

Sobre el director

GERARD QUINTO. Crítico de cine de La Vanguardia e autor de numerosos estudos e libros, entre eles “Reservoir Dogs: la ley del silencio”, colección da revista Dirigido por. Estudou no Centro de Estudos Cinematográficos de Cataluña, onde comezou a desenvolver algunhas das súas primeiras creacións, como as películas “Gestión Consciente Intencional” e “Idiotez”.

ESTEVE SOLER. É o dramaturgo catalán máis traducido e interpretado da súa xeración. Os seus textos están traducidos a 14 idiomas e dirixiu obras de máis de 70 directores de todo o mundo. No cinema a súa curtametraxe “Interior. Familia”, presentado no Festival de  Cannes ( Short Film Corner) e Sitges (Oficial), foi o seu primeiro traballo como director.

DAVID TORRAS. É un xestor cultural de Cataluña Central. Dirixiu diferentes bares nocturnos e discotecas en El Bages e convertiuse nun referente na mellor exhibición de cinema de autor. Un traballo que máis tarde o levaría a asumir responsabilidades dentro do Cineclub Manresa. Despois de varias tarefas como produtor audiovisual, presentou nos festivais de  Cannes (Short Film Corner) e Sitges (oficial), a curtametraxe “Interior. Familia”, o seu debut en cinema.